Recogida de Firmas para a continuidade de Preescolar na Casa
                    Para: Presidente da Xunta de Galicia, Presidenta do Parlamento de Galicia, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
					                    
                    CONTINUIDADE DE PREESCOLAR NA CASA. MANIFESTO DE APOIO.
 
 Preescolar na Casa comeza no ano 1977 o seu traballo a prol da infancia, da familia e da sociedade galega, a partir da idea inicial de Antonio Gandoy. Despois de 35 anos acompañando educativamente ás familias de Galicia, despois de ter contribuído a configurar a historia recente deste país en materia de educación a través dun modelo de intervención pioneiro, orixinal, preventivo, vertebrador do territorio e, referente en canto á implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas, Preescolar na Casa está a piques de desaparecer debido aos drásticos recortes nas achegas económicas da Xunta de Galicia.
 
 Compre apoiar a continuidade deste modelo educativo que se caracteriza:
 -	Pola defensa e promoción dos dereitos dos nenos, da igualdade e do respecto entre as persoas, da comunicación e a non violencia como medio de resolución dos conflitos.
 -	Pola Innovación, dinamismo e anticipación: 
 •	Comezou a traballar no ciclo  0-3, cando aínda a lexislación educativa non o tiña recoñecido.
 •	Anticipouse a Recomendación Rec (2006)19 do Comité de Ministros  aos Estados Membros sobre políticas de apoio á parentalidade positiva, ofrecendo servizos de apoio ás familias.
 •	Introduce novas dinámicas e actividades (traballo en maternidades, centros educativos), para dar resposta ás necesidades sociais e familiares que van xurdindo.  
 -	Pola intervención de proximidade, solidaria e integradora, achegándose directamente aos lugares onde habitan nenos e familias, dando prioridade aos sectores da poboación menos favorecidos, e integrando a poboación de niveis culturais e económicos diferentes.
 -	Polo fomento da lingua e a cultura galega desde os inicios e ata a actualidade como forma de dar valor e prestixiar o propio.
 -	Polo carácter comunitario e expansivo: todas as actividades teñen como obxectivo influír na comunidade, partir da súa realidade e avanzar no seu desenvolvemento, resaltando o valor do colectivo fronte ao individualismo. 
 -	Polo traballo en rede interna e externa: co obxecto de aproveitar e facer rendibles os recursos da comunidade. 
 -	Pola preocupación por ofrecer servizos de calidade que aporten valor á sociedade.
 -	Polo respaldo da Administración: desde as súas orixes ata a actualidade o desenvolvemento do programa foi posible grazas o apoio continuado da Administración pública. Este apoio tivo o respaldo, en varias ocasións, do Parlamento de Galicia.
 
 A carencia deste respaldo fai perigar a continuidade de PREESCOLAR NA CASA un proxecto 100% galego que está a ser referente fóra de Galicia.
 
 Coa adhesión a este manifesto quérese manifestar que cada euro investido nos Espazos Educativos de Preescolar na Casa constrúe un futuro mellor para as familias, para os nenos e as nenas, para a nosa lingua, para GALICIA e, por isto, SOLICITO Á XUNTA DE GALICIA QUE GARANTA A CONTINUIDADE DE PREESCOLAR NA CASA. 
                    
                    
					
 
                    
                    
                    
                                         
                 | 
                
                     
                    Ya Firmado 
                    5.136
                    Personas
                     
                                                            
                    
                    Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas. 
                                         
                    
					 |