Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Recogida de Firmas para a continuidade de Preescolar na Casa

Para: Presidente da Xunta de Galicia, Presidenta do Parlamento de Galicia, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

CONTINUIDADE DE PREESCOLAR NA CASA. MANIFESTO DE APOIO.

Preescolar na Casa comeza no ano 1977 o seu traballo a prol da infancia, da familia e da sociedade galega, a partir da idea inicial de Antonio Gandoy. Despois de 35 anos acompañando educativamente ás familias de Galicia, despois de ter contribuído a configurar a historia recente deste país en materia de educación a través dun modelo de intervención pioneiro, orixinal, preventivo, vertebrador do territorio e, referente en canto á implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas, Preescolar na Casa está a piques de desaparecer debido aos drásticos recortes nas achegas económicas da Xunta de Galicia.

Compre apoiar a continuidade deste modelo educativo que se caracteriza:
- Pola defensa e promoción dos dereitos dos nenos, da igualdade e do respecto entre as persoas, da comunicación e a non violencia como medio de resolución dos conflitos.
- Pola Innovación, dinamismo e anticipación:
• Comezou a traballar no ciclo 0-3, cando aínda a lexislación educativa non o tiña recoñecido.
• Anticipouse a Recomendación Rec (2006)19 do Comité de Ministros aos Estados Membros sobre políticas de apoio á parentalidade positiva, ofrecendo servizos de apoio ás familias.
• Introduce novas dinámicas e actividades (traballo en maternidades, centros educativos), para dar resposta ás necesidades sociais e familiares que van xurdindo.
- Pola intervención de proximidade, solidaria e integradora, achegándose directamente aos lugares onde habitan nenos e familias, dando prioridade aos sectores da poboación menos favorecidos, e integrando a poboación de niveis culturais e económicos diferentes.
- Polo fomento da lingua e a cultura galega desde os inicios e ata a actualidade como forma de dar valor e prestixiar o propio.
- Polo carácter comunitario e expansivo: todas as actividades teñen como obxectivo influír na comunidade, partir da súa realidade e avanzar no seu desenvolvemento, resaltando o valor do colectivo fronte ao individualismo.
- Polo traballo en rede interna e externa: co obxecto de aproveitar e facer rendibles os recursos da comunidade.
- Pola preocupación por ofrecer servizos de calidade que aporten valor á sociedade.
- Polo respaldo da Administración: desde as súas orixes ata a actualidade o desenvolvemento do programa foi posible grazas o apoio continuado da Administración pública. Este apoio tivo o respaldo, en varias ocasións, do Parlamento de Galicia.

A carencia deste respaldo fai perigar a continuidade de PREESCOLAR NA CASA un proxecto 100% galego que está a ser referente fóra de Galicia.

Coa adhesión a este manifesto quérese manifestar que cada euro investido nos Espazos Educativos de Preescolar na Casa constrúe un futuro mellor para as familias, para os nenos e as nenas, para a nosa lingua, para GALICIA e, por isto, SOLICITO Á XUNTA DE GALICIA QUE GARANTA A CONTINUIDADE DE PREESCOLAR NA CASA.


¿Cuál es su opinión?
Recogida de Firmas para a continuidade de Preescolar na Casa, para Presidente da Xunta de Galicia, Presidenta do Parlamento de Galicia, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia fue creada por: Fundación Preescolar na Casa.
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
5.136 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.