Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

O Premio Clara Campoamor 2017 para as mulleres

Para: Concello de Ourense

Á Atención das veciñas e veciños de Ourense

Dende a Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres queremos denunciar a recente concesión do XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Xénero por primeira vez a un home.

Sen entrar a valorar os méritos de Julián Pardinas Sanz (Ourense, 1953) fiscal especializado en violencia de género de Ourense mas sorprendidas porque se premie hoxe a un integrante do sistema de protección das víctimas cando nas últimas 72 horas foron asasinadas 5 mulleres no Estado, algunhas con ordes de afastamento, outras cun asasinato planificado e algunhas que nen sequer entrarán nas estatisticas oficiais por morrer máis de 24 horas despóis de ser agredidas ou en Ourense onde aínda esta sen esclarecer o nefasto procedemento de protección que levou a Isabel Fuentes a ser asasinada no CHUO. Esta claro que os mecanismos políticos e xudiciais están fallando e non estamos para presumir moito deles.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres consideramos sempre o premio Clara Campoamor á Igualdade de Xénero unha oportunidade para visibilizar socialmente a mulleres ou colectivos de mulleres que destacan polo seu compromiso social e político con rachar os teitos de cristal e os chans de barro que fan que existan apenas referentes femininos na esfera público e moito menos que estes sexan premiados pola súa labor.

Dase ademáis a circunstancia que a maioría dos colectivos que formamos parte do Consello Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Ourense amosámonos en desacordo con premiar a un home fronte á insistencia da Concelleira de Igualdade Sofía Godoy que finalmente conseguiu, dez anos despóis, desvirtuar o sentido deste premio e que transmite á sociedade Ourensana que non existen mulleres merecedoras deste galardón ao entregalo a unha figura masculina.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos o compromiso de toda a sociedade na loita pola igualdade e por un sistema máis xusto no que constrúr unha vida digna, defendendo asi a implicación dos homes na construción desa sociedade nova. Mas tamén sabemos que a sociedade na que vivimos, orfa de referentes femeninos e acostumada e non darnos espazo público, cómpre mudala visibilizando o papel e das mulleres que contribúen á súa transformación e para isto serviu sempre o Premio Clara Campoamor do Concello de Ourense, para dar ese espazo e facer esa homenaxe necesaria a mulleres e colectivos de mulleres comprometidos coa loita feminista.

Máis unha vez o Partido Popular sitúase na trincheira contraria á loita pola igualdade. De que valen minutos de silencio ou retóricas manifestacións de compromiso coa Igualdade se son incapaces de respeitar o espíritu dun premio como este o se son quen de avaliar todo tipo de recortes en materia de Igualdade. Onde estan as campañas municipais en torno ao 8 de Marzo ou 25 de novembro que duraban unha semana ou máis e contaban co movemento feminista?

Dende a Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos que se anule o fallo do xurado que concedeu o Premio Clara Campoamor a Julián Pardinas Sanz , que no seu lugar sexa escollida algunha das outras candidatas ou o premio quede deserto. Das propostas de María José Ordóñez (delegada do Goberno de violencia machista), Sonia Albor (batería e activista feminista) e Carla García (subdirectora do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar) a Marcha Mundial das Mulleres apoiamos a Sonia Albor, feminista e activista comprometida que racha cos estereotipos de xénero e traballa coa mocidade cunha perspectiva de defensa dos dereitos das mulleres e reclamamos o cese inmediato da Concelleira de Igualdade Sofía Godoy.

En Ourense,
No día en que aínda non nos recuperamos dun novo asasinato machista en Redondela.

Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres


¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
175 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.