Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Apoio á creación dunha segunda liña no colexio CPR Plurilingüe Andaina

Para: Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria da Xunta de Galicia

APOIO Á CREACIÓN DUNHA SEGUNDA LIÑA NO COLEXIO CPR PLURILINGÜE ANDAINA.

As familias abaixo asinantes consideramos que o modelo educativo e pedagóxico que ofrece o colexio CPR Plurilingüe Andaina é o máis axeitado para os nosos fillos e fillas dentro da oferta de centros sostidos con fondos públicos do entorno. Sen embargo, a oferta de prazas vacantes é absolutamente insuficiente para cubrir a elevada demanda que se ven repetindo curso tras curso.
Consideramos que o colexio Andaina cumpre con todos os criterios establecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Orde do 14 de febreiro de 2013) para a concesión, e neste caso, ampliación do concerto educativo, pois existen necesidades de escolarización sen cubrir no concello de Culleredo e nas zonas limítrofes do concello da Coruña. Debe terse tamén en conta que o colexio Andaina cumpre con todos os criterios para ter preferencia para acollerse ao réxime de concertos:
- Realiza experiencias de interese pedagóxico para o sistema educativo.
- Trátase dunha cooperativa.
- Desenvolve o principio de coeducación.
Por estes motivos, solicitamos a ampliación do concerto educativo co colexio CPR Plurilingüe Andaina para a creación dunha segunda liña nos tres cursos de educación infantil (4º, 5º e 6º) para o vindeiro curso 2014/2015 e a súa progresiva ampliación ata cubrir o resto de cursos concertados.

Nota: para que esta recollida de sinaturas reflicta o máis fielmente posible a demanda real do colexio Andaina, rogamos só asinen esta petición familias que realmente teñan interese en escolarizar os seus fillos e fillas no colexio Andaina e o seu modelo educativo. Neste grupo de familias interesadas inclúense familias que agora están inmersas no proceso de admisión (para calquera curso) ou que o van a estar nos próximos anos.
Igualmente, co mesmo obxectivo de reflectir fielmente a demanda real, rogamos que só asine esta petición un membro por unidade familiar, indicando a idade do neno ou nena a escolarizar.
As sinaturas recollidas a través deste medio serán presentadas na Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria da Xunta de Galicia, e non se empregarán para ningún outro fin que non sexa o apoio á segunda liña do concerto do colexio CPR Plurilingüe Andaina.
Os datos de contacto que se aporten serán empregados única e exclusivamente pola ANPA Acio do colexio Andaina para informar da solicitude da segunda liña ás familias interesadas.
Para máis información poden poñerse en contacto coa ANPA en [email protected]
Esta iniciativa está promovida pola ANPA Acio do colexio Andaina e un grupo de pais e nais.


¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
91 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.