Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Recogida de Firmas CONTRA PROCEDEMENTO DE EMPREGO DA CRTVG

Para: xunta de galicia, crtvg, television de galicia, radio galega, portal do audiovisual de galicia, univerrsidade de santiago, universidade de vigo, universidade de ourense, universidade de coruña,

Medrei escoitando as cancións do Xabarín Clube. Seimas todas e a golpe de rock bravú merendei moitas tardes acompañada de Doraemon, Beackman...

E foi ese gusto pola televisión e polos medios o que determinou a miña decisión de estudiar unha carreira relacionada coa comunicación como foi Comunicación Audiovisual. Unha carreira na que non foi fácil entrar xa que pedían unha nota media precisamente non baixa. Custoume esforzo persoal e a meus pais un gran esforzo económico os 4 anos de formación que emprendín en Santiago hai uns cantos outubros.

Entendo que estamos atravesando unha coxuntura económica gravísima e que hai sectores imprescindibles como a sanidade e a educación e dos que podemos presumir. Observo con envexa como os meus amigos que viñeron estudar comigo a Santiago no seu día e fixeron medicina, tiveron que sacar a misma media ca min e agora eles poden acceder a traballar 4 anos tras pasar un exame moi duro, o MIR. Uns pasárono outros non, pero os que sí están traballando na sanidade pública. E eu obsérvoos con envexa xa que eu sigo vivindo cos meus pais e traballando durante periodos discontinuos mentres eles gozan de independencia e desfrutan desemepeñando o seu traballo que é poñer o seu gran de area na sanidade pública.

Observo con estupefacción coma tanto eu coma compañeiros ou promocións posteriores de Comunicación Audiovisual temos grandes dificultades para traballar e coma o medio de comunicación público de Galicia nos veta o acceso para traballar nel. Si, non podemos acceder a categorías relacionadas coa nosa formación, nin do mesmo rango nin inferiores. A TITULACIÓN DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL NON ESTÁ PRESENTE EN NINGUNHA DAS CATEGORÍAS LABORAIS RECOLLIDAS NA OFERTA DE EMPREGO DE DITA COMPAÑÍA. Sona a cachondeo, sí, pero así vos é.

Neste contexto unha información plural e crítica é máis necesaria ca nunca para a cidadanía, que asiste impotente ao desmantelamento de boa parte dos medios, principalmente os editados na nosa lingua. E ahí é cando hai que alertar con pluralidade á cidadanía sobre as cacicadas que se están facendo na televisión autonómica pagada cos impostos de todos. A xuventude mellor preparada da historia, sexan filólogos, xornalistas, comunicadores, publicistas, estásenos negando ó acceso á TVG.

Sabemos que a CRTVG ten moitas eivas coma a reiterativa manipulación que os diferentes gobernos exerceron sobre ela así coma o uso deficiente do galego en moitas ocasións e que se podería solventar cunhas probas de fonética serias e levadas a cabo por lingüistas profesionais ESPECIALISTAS (que non vai haber na consolidación de emprego).

Fálase moito agora da sobredimensión do plantel da CRTVG e fanse informativos de guasa no Toural, pero ningún traballador da CRTVG alerta sobre o grande atentado á igualdade de oportunidade que se está comentendo sobre a xuventude, os que non temos padriño e a xente allea á casa.
Nada se está dicindo sobre o procedemento de consolidación de emprego levado a cabo por tribunais que van evaluar sobre campos nos que non son expertos e nos que non teñen nin idea, sobre uns exames con preguntas e respostas previamente dadas a coñecer (e do que o meu amigo que pasou o MIR se riu na miña cara así coma a CRTVG se está a rir da nosa capacidade e intelixencia dos que estamos fóra) nin tampouco onde non se recoñece a posesión de titulacións oficiais nin méritos que costan moito tempo e esforzo coma escola de idiomas, másters ou outras titulacións.

Por iso digo non!! NON AOS CONTRATOS MILLONARIOS NIN OS INGRESOS OBSCENOS DOS MEMBROS DO CONSELLO DA ADMINISTRACIÓN, NON Á UNHA OPOSICIÓN-CACIQUE QUE NON TEN EN CONTA A MOITAS TITULACIÓNS DO EIDO UNIVERSITARIO GALEGO, NON ÁOS TRIBUNAIS QUE NON TEÑEN IDEA DO QUE EVALÚAN, NON Á FALLA DO PRINCIPIO DE IGUALDADE ENTRE PERSOAS Ó ACCESO Ó EMPREGO PÚBLICO E NON NON NON A NEGARLLE OPORTUNIDADES A AQUELES QUE NON QUIXEMOS NUNCA TER UN PADRIÑO E SEGUIMOS CRENDO NO ACCESO Ó TRABALLO POR MÉRITOS PROPIOS PRO-PIOS. NON Á PRIVATIZACIÓN NIN Ó CONTROL POLÍTICO DA INFORMACIÓN QUE SE LEVA PRODUCINDO TODA A VIDA.

Somos os xóvenes mellor preparados da historia, non a xeneración perdida. Queremos traballar en Galicia, en galego e do noso. Máis portas abertas á capacidade e menos ós favoritismos individuais.

Se te consideras na mesma situación non o dubides. Indígnate, firma e non quedes calado!!! Outra CRTVG é posible!





A CRTVG ATÍNXENOS A TODOS!




¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
6 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.