Recogida de Firmas Non aos recortes da calidade de vida de Vilma e Bambú
Para: fidel vazquez díaz
Vilma e Bambú son dous gatos que ata setembro do 2011 tiveron unha vida feliz e digna compartindo vivencias, experiencias cun ser humano, Fidel Vázquez. Pero a partires de setembro Fidel Vázquez cambiou de residencia a outra cidade, Vilma e Bambú víronse obrigados a adesprazarse a nun campo de refuxiados temporalmente segundo xura e perxura o ser humano Fidel Vázquez, o caso foi que o primeiro campo de refuxiados por razóns hixiénicas pechou. Vilma e Bambú tiveron que mudar para outro campo de refuxiados, temporalmente, segundo segue a afirmar o ser humano Fidel Vázquez. Pero malia estas promesas, Vilma e Bambú levan en 2 meses 2 campos de refuxiados, situación que se fai insostible.
Os asinantes pedimos ao ser humano Fidel Vazquez que acolla sen máis retrasos nen excusas ós gatos Vilma e Bambú, e así recuperen a felicidade e calidade de vida que lles corresponde.