Recogida de Firmas Polo mantemento e reforzo SPDCIF
Para: Comité de empresa e Consellería de Medio Rural
Os traballadores do SPDCIF da Xunta de Galicia, pertencentes a provincia de Ourense abaixo asinantes, queremos manifestar as seguintes cuestións dirixidas
ao Comité de Empresa de Medio Rural de Ourense e os responsables da Consellería de Medio Rural:
Queremos defender o noso traballo tan criticado e denostado en moitas ocasións dende diferentes ámbitos.
O servizo público de prevención e extinción de incendios forestais(SPDCIF) leva mais de dúas décadas defendendo o monte galego mediante a extinción e prevención dos incendios de forma altamente eficaz como pode comprobarse nos diversos informes anuais elaborados pola Área de Defensa contra Incendios Forestales (ACDCIF) do Ministerio de Medio Ambiente remitidos pola Xunta de Galicia. Nestas dúas décadas a nosa comunidade soportou unha media de 8.727 incendios forestais o que supon unha superficie afectada de 25.278 Ha/año, datos que relativizados a España corresponderián cun 47,6% do total de incendios e o 19,06% de toda a superficie ardida. A este drama ecolóxico e económico vímoslle facendo fronte co noso traballo, que ten como soporte o coñecemento do terreo e unha contrastada experiencia profesional conseguida tras anos de prevención e loita contra o lume.
Polo antes exposto esiximos:
O mantemento e reforzo do SPDCIF tan necesario para o noso territorio e que non se amorticen as prazas que consideramos fundamentais para o sostemento deste servizo público de prevención e extinción de incendios forestais.
A consolidación das prazas ocupadas por interinos, traballadores eficaces pola súa experiencia acumulada e o seu coñecemento do terreo necesario para levar a cabo o noso traballo.
A cobertura inmediata das prazas vacantes e baixas de longa duración.
A contratación da totalidade do dispositivo de reforzó, polas listas do decreto nun proceso transparente que garantice un tempo mínimo de contratación de 3 meses, o que diminuiría a temporalidade.
O establecemento dun pacto de todas as forzas políticas no referente a prevención e extinción de incendios forestais que implique deixar as agresións e utilización electoral do problema dos lumes.
Sostemos que e mais rentable e eficaz un servizo público como o noso, o cal ,tras mais de dúas décadas, demostra a súa eficacia contrastada día a día.