Recogida de Firmas Non a un campo de golf no monte Siradella
Para: Xunta de Galicia, Concello de O Grove
A Plataforma Veciñal contra o Campo de Golf na Siradella, a Asociación Cultural Figheira do Meco e o Colectivo Ecoloxista do Salnés organizamos esta recollida de sinaturas contra a instalación dun campo de golf na ladeira sur do Monte Feáns.
O obxectivo é entregalas ante a Xunta e o Concello de O Grove.
A instalación dun campo de golf traería asociado os seguintes estragos ambientais:
- Alteración da topografía e características do solo dunar. Afección a un medio tan singular como a duna rampante
- Impacto paisaxístico, afectando a unha das mellores vistas naturais das Rías Baixas (dende a Siradella e a Lanzada).
- Forte consumo de auga, contaminación de aire, solo e augas por emprego de pesticidas.
- Perda de vexetación autóctona, causando que sube en dirección á Siradella, con plantas de grande valor biolóxico.
- Perda de hábitats de fauna autóctona protexida. Na zona vive o sapo de esporóns (Pelobates cultripes).
Deste xeito, a instalación de dito campo incumpriría a Lei 42/07 do patrimonio natural e da biodiversidade:
- (art. 76.a) “a utilización de produtos químicos (...) que alteren as condicións dos ecosistemas con dano para os valores contidos”
- (art. 76.g) “a alteración das condicións dun espazo protexido, ou dos produtos propios del mediante ocupación, roturación, corta, arranque ou outras
accións”.
- (art.76.i) “... a produción de impactos paisaxísticos sensibles nos espazos naturais protexidos”.
Por todo isto, os abaixo asinantes rexeitamos a instalación dun campo de golf no contorno dos montes Siradella e Feáns.
Así mesmo, discrepamos das “previsións” económicas e de emprego aducidas polos promotores, e rexeitamos calquera operación
de especulación urbanística que se poida agochar ou amparar baixo este proxecto.