PECHADA CAMPAÑA 2013
Para: Xunta de Galicia-Consellería de Educación
Coñecedores das actuais necesidades de escolarización do Concello de Culleredo
(recollidas na acta da Comisión Provincial de Concerto Educativos), manifestamos
o noso apoio á solicitude de concerto educativo que presentou o CPR Plurilingüe
Andaina para dispor de dúas liñas concertadas.
Queremos sinalar que o modelo educativo de Andaina responde ás preferencias que
moitas familias desexamos para os nosos fillos/as, e que a apertura dunha segunda
liña concertada dará resposta ao dereito das familias á elección libre de centro.