Recogida de Firmas Cultura na plaza de Platerias
Para: Concello de Santiago de Compostela
Circonove foi sempre e segue sendo un colectivo de artistas de circo con moita actividade na cidade, que durante o verán saen as rúas a mostrar o seu traballo ó publico dun xeito profesional. Dende hai xa máis de dez anos, o colectivo de artistas de Circonove leva traballando arreo por ofrecer espectáculos de rúa na cidade de Compostela. Realizando esta actividade a traves dun convenio co Concello e con moito diálogo para con todo@s os implicad@s
De un tempo a esta parte o noso traballo vése afectado pola redución de prazas nas que traballar. Caso específico o de Praterías, que despois de anos de actuacions nos horarios de 18:30 e 20:30, para non interferir con comerciantes e coa Igrexa. Temos prohibido baixo denuncia realizar funcions no horario de 18:30. Quedando tan so un horario de uso no que os comercios xa estan pechados ou deberian. Denunciamos pois este afogamento cultural ó que nos vemos sometidos despois de tantos anos de traballo.
Durante todos estos anos gañamos o respeto de xente que non nos queria ali, e que agora ri, cada tarde con nos, paias@s, malabaristas, acróbatas, coñecemonos cara a cara, e traballamos por unha convivencia sana e respetuosa para ambas partes.
Isto agora mesmo xa non é asi. Estamos denunciados, non sabemos por qué, sen poder usar a praza ata 20:30 a piques de rematar o verán, e despois de recibir uns permisos firmados polo concello que esta denuncia supostamente anula.
Non só coma artistas, senon tamén coma xestores culturais, defendemos o uso das prazas públicas coma teatros por unha cultura por e para tod@s.
Queremos explicaciónns, queremos diálogo coma o que nos ofrecemos sempre, queremos seguir realizando actividades culturais nesta praza en tan só eses dous horarios, e pedimos respeto coma gremio de artistas de rúa, traballadores dignos e respetuosos unidos para loitar polos seus dereitos.