Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Exención de Lingua Galega en Selectividade na Convocatoria de 2017

Para: Consellería de Educación / CIUG

O alumnado que ata agora estaba exento de realizar a proba de lingua e literatura galega nas probas de acceso a universidade por non cursar esta asignatura en primeiro de bacharelato, ben por cursar estudos fora da comunidade, ben por estar exento dela, terán que examinarse en xuño nas novas ABAU, algo que se lles comunica oficialmente cando apenas faltan dous meses para a celebración das probas.

Esto causa un grande perxuicio a este grupo de estudantes que teñen que examinarse dunha asignatura máis, da que durante todo o curso se consideraba que estaban exentos. Somos conscientes de que ao tratarse de Lingua e Literatura Galega é un tema que pode ferir sensibilidades, pero queremos deixar claro que a reclamación non ben polo feito de tratarse desta asignatura en concreto. É máis entendemos perfectamente o sentido da norma e ata podemos compartilo, pero non podemos aceptar o tempo en forma na que se aplica, xa que con apenas dous meses para realizarse as probas se lles comunica que teñen que examinarse dunha asignatura da que ata o día 27 de marzo estaban exentos dela na selectividade.

Para non causar un perxuizo irreparable a estos estudantes e dado o pouco tempo que resta para a celebración das probas solicítase que, se introduza unha moratoria, polo menos nesta convocatoria de 2017, de xeito que os afectados non se lle aplique o artigo 3.3 da resolución conxunta do 21 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18.DOG do luns 27 marzo e poidan seguir exentos da proba de Lingua e Literatura galega, se así o solicitan, tal e como se veu facendo en anos anteriores e dacordo coa información que se lle leva dando a estes estudantes durante todo o curso.


¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
236 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.