Apoio que a LAREIRA DA ALÉN sexa decrarada de UTILIDADE PÚBLICA
Para: Xunta de Galicia - Conselleria de Administracións Públicas e Xustiza
As asociacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se atopen inscritas nun rexistro de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan súa sede no territorio desta Comunidade e reúnan os requisitos previstos na normativa vixente, teñen dereito a SOLICITAR A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA.
Os requisitos para solicitar a DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA están regulados no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e concrétanse nos seguintes:
• Que os seus fins estatutarios tendan a promover o interese xeral.
• Que a súa actividade non estea restrinxida a beneficiar exclusivamente aos seus asociados.
• Que os cargos directivos non perciban retribucións ou, de facelo, que estes non o sexan con cargo a fondos ou subvencións públicas.
• Suficiencia dos medios materiais e persoais.
• Inscrición no rexistro respectivo cunha antigüidade mínima de 2 anos.
A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Como queira que a LAREIRA DA ALÉN, CLUBE GASTRONÓMICO cumple todos os requisitos, a Directiva decidiu iniciar o proceso de elaboración da Documentación esixida para presentar a solicitude de que se RECOÑEZA e DECLARE como entidade de UTILIDADE PÚBLICA.
Mediante esta recollida de sinaturas, @ ASINANTE expresa o seu apoio expreso a que se lle recoñeza a condición de ASOCIACIÓN de UTILIDADE PÚBLICA.