Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Recogida de Firmas APOIO E SOLIDARIEDADE CO TEÓLOGO ANDRÉS TORRES QUEIRUGA

Para: Comunicación da Comisión da Fe da CCE

Compañeiros, amigos, discípulos, ..... de ANDRÉS TORRES QUEIRUGA, teólogo galego de sona internacional (só nas Universidades do Brasil hai máis de vinte teses rexistradas que estudan a súa teoloxía), queremos manifestarlle o noso apoio e solidariedade con motivo da Comunicación da Comisión da Fe da CCE. Comunicación innecesaria porque, alegando consultas/denuncias recibidas pola Conferencia Episcopal sobre a teoloxía de Andrés, crean unha alarma que prexudica ao interesado e á propia Igrexa. Basta unha ollada en internet para constatar a satisfacción e o incremento de insultos e difamacións do profesor Torres Queiruga, que, por si mesmos, descalifican a quen os profire, pero deixan en moi mal lugar a convivencia e a tolerancia entre os propios cristiáns, principios básicos e imprescindibles na vivencia da fe en Xesús.
De feito, na Comunicación non hai condena, porque non atoparon nada que lles permita unha condena. Tampouco no 2011 prosperou un documento de condena, colleitando unha sonora fervenza de apoios a favor de Queiruga (Cfr. Más de 100 curas, religiosos... e ...... ).
Como ten aclarado, reiteradamente, nos últimos días Andrés TQ, así como tamén moitos colegas teólogos que se pronunciaron ao respecto, unha cousa é a fe e outra a teoloxía ou teoloxías. Como home de fe, Andrés trata de explicar a fe, con moito traballo, con fonda formación filosófica, bíblica e teolóxica. A súa teoloxía merece igual respecto, como mínimo, que outras teoloxías. A Comisión acolle denuncias formuladas dende outras teoloxías de talante conservador e failles eco. Algunhas desas teoloxías negan, abertamente, a validez do Concilio Vaticano II, sen que a Comisión se teña pronunciado ao respecto.

Consideramos que a Comisión, consciente ou inconscientemente, caeu na trampa dos portavoces desas teoloxías de corte conservador e/ou fundamentalista. Facemos nosa a seguinte petición dirixida, precisamente, á Comisión: “Aínda que non dubidamos da rectitude do seu propósito e do seu sentido da responsabilidade, non logramos liberarnos da impresión de que xulgan da ortodoxia dunha teoloxía -por forza parcial e limitada como o é toda interpretación da fe- dende a parcialidade doutra teoloxía non menos limitada” (http://blogs.21rs.es/areopago/2012/04/18/carta-abierta-de-un-grupo-de-cristianos-gallegos-a-doctrina-de-la-fe/).

Como seguidores de Xesús debemos esixirnos responsabilidade, sentido común e respecto, esixencias que non cumpren as denuncias nin os promotores e asinantes da Comunicación a Torres Queiruga.

Asinantes



¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
1.166 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.