Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Recogida de Firmas Sinaturas Panificadora dirixida aos/as concelleiros/as de Vigo

Para: Concelleiros/as de Vigo

Recollida de sinaturas pola Panificadora de Vigo promovida polos colectivos Entremos na Panificadora e Tankollectif, que será dirixida aos/as concelleiros/as de Vigo, co texto seguinte:
Ilustrísimo/a sr/a:
Os abaixo asinantes dirixímonos a vostede coa intención de que faga súa a nosa demanda sobre a rehabilitación e reutilización da Panificadora de Vigo. Unha demanda que, dado a natureza do asunto, non é so nosa (de vostede e os vigueses/as abaixo asinates), senón tamén do conxunto da cidadanía, as xeracións vindeiras e da memoria das pasadas.
En concreto, pregámoslle que faga todo o que estea nas súas atribucións como concelleiro de Vigo para que a “Xerencia Mu-nicipal de Urbanismo”:
1. Informe canto antes a cidadanía sobre o estado da “Modificación Puntal do PXOM no ámbito d’A Panificadora” (aprobada en pleno municipal o 25 de outubro de 2010)
2. Axilice este proceso administrativo, que leva bloqueado dende o verán de 2011 (cando recibiu informe previo fa-vorable da Subdirección Xeral da CMATI).
En xeral, pregámoslle, como representante da cidadanía, e mesmo como cidadán/á vigués/a que é, participe e faga participe a cidadanía, no proceso de rehabilitación e reutilización da Panificadora. Un proceso, que, dado a súa importancia cultural e so-cioeconómica, e tamén a súa complexidade, precisa do apoio e participación construtiva de todos/as nós, institucións públicas e cidadanía.
Atentamente, en correspondencia cos asinantes:
TANKollectif
Entremos na Panificadora


¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
183 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.